Aforro enerxético

Consulte unha factura eléctrica recente; están a penalizalo por “exceso de reactiva”?
É fácil deixar de pagalo!
Para eliminar este custo é necesario instalar uns equipos chamados “baterías de condensadores”.

  • Co soporte e experiencia do seu Axente de Fenie Energía e o noso equipo de enxeñería realizaremos un estudo técnico para determinar que modelo de batería de condensadores é o idóneo na súa instalación.
  • Na maioría das ocasións, o período de amortización é inferior a dous anos, polo que se trata dun produto cun retorno da inversión moi rápido.
  • Pode solicitarnos financialo en 24 cotas, que lle incluiremos na mesma factura de electricidade, se ten a subministración eléctrica con Fenie Energía; así poderá aforrar dende o primeiro día.

Casos de éxito sobre Compensación de reactiva

Interésache este produto?

Ponte en contacto connosco a través do teu Axente enerxético ou chámanos ao 900 215 470

Sabía que? sobre Compensación de reactiva

1. Que é a enerxía reactiva?

Existen numerosos equipos eléctricos como fluorescentes, motores, máquinas de aire acondicionado, ascensores, etc., que producen un fluxo de enerxía que circula dun lado a outro da rede eléctrica sen ser consumida pero producindo perdas e problemas na rede de distribución eléctrica. Esta enerxía é a denominada “enerxía reactiva”.

Ademais das perdas de enerxía por transporte, as compañías distribuidoras de enerxía teñen que realizar unha maior inversión en sobredimensionar as liñas de distribución así como os transformadores para o transporte e transformación desta enerxía reactiva. Isto xera uns custos no sistema eléctrico que son trasladados ao cliente en forma de penalización por enerxía reactiva na súa factura eléctrica, sempre que esta supere uns límites marcados polo goberno no BOE ITC/3519/2009.

2. Que é unha batería de condensadores?

As baterías de condensadores son equipos que, conectados a unha instalación eléctrica, son capaces de detectar a presenza de enerxía reactiva indutiva nunha instalación eléctrica e, mediante a conexión dos seus grupos de condensadores, conseguen a potencia reactiva capacitiva necesaria para compensala. Seguindo coa explicación anterior, a enerxía reactiva vai e vén, sen ser consumida, dende os equipos do cliente ata a batería de condensadores. Deste modo, a enerxía reactiva non circula polas redes de distribución externas ao cliente, eliminando así as perdas por transporte e, por tanto, a penalización na factura do cliente.

3. Por que antes non me penalizaban e agora si?

Pódese deber a distintas circunstancias:
1. Pode ser que xa teña unha batería de condensadores conectada na súa instalación, pero que, por algún motivo, estea avariada ou desconectada e non cumpra a súa función correctamente.
2. Tamén pode ocorrer que ampliase nalgún momento a instalación introducindo novos equipos consumidores ou que algún dos equipos que xa ten instalados estea avariado, provocando o aumento do consumo de reactiva e, con iso, superando o límite a partir do cal se empeza a penalizar na factura eléctrica.
3. Por último, pódese deber á implantación dos novos contadores intelixentes nas tarifas 2.0 e 2.1 que integran nun só equipo tanto as lecturas de activa como as de reactiva. Estes contadores son de obrigada instalación nas novas subministracións, e están a substituír progresivamente aos antigos contadores mecánicos, a maioría dos cales non tiñan lectura de reactiva en moitas subministracións de baixo consumo.

4. Cal é a vida útil habitual dunha batería de condensadores?

A vida dunha batería de condensadores é un parámetro que debe estimarse por medio de probas e ensaios indirectos. Xeralmente estímase unha vida media nunha batería de condensadores de entre 10 e 12 anos.
Non obstante, para que esta estimación se cumpra, deben cumprirse unha serie de condicións fundamentais:
– Que as condicións ambientais nas que se atope a batería de condensadores sexan as máis apropiadas. Segundo a norma CEI 60831:

Temperatura do ar

Máximo

Medio máis alto durante un período de

24h:

1 ano

50º

40º

30º

 

– Que os niveis de tensión e corrente da instalación sexan constantes. Deben terse en conta os límites establecidos segundo norma CEI 60831 en sobretensión.
• 10 % de sobretensión: ata 8 horas en 24 horas.
• 15 % de sobretensión: ata 15 minutos en 24 horas.
• 20 % de sobretensión: ata 5 minutos en 24 horas.
• 30 % de sobretensión: ata 1 minuto en 24 horas.

– Que o nivel de distorsión de harmónicos en tensión e corrente non exceda dos seguintes niveis:
2 % en THD (V)
20% en THD (I)

– Que se realice un mantemento mínimo que garanta o bo funcionamento da batería.

5. Reducirá ademais o meu consumo eléctrico?

Normalmente a diminución de consumo non será apreciable. Unicamente se aprecia cando o cliente ten un centro de transformación en propiedade e o contador en media tensión. Ao eliminar a reactiva que lle chega ao transformador, funcionará en mellores condicións e será máis eficiente. É moi común eliminar a enerxía reactiva cando os transformadores están saturados ou ao límite da súa potencia.

6. Que diferenza hai entre comprar unha batería de condensadores no mercado e o servizo de Fenie Energía?

Fenie Energía estuda cada caso de maneira personalizada. A través da nosa rede de Axentes Enerxéticos e, só se é rendible para vostede, aconséllalle instalar unha batería de condensadores para eliminar ou que se vexa reducida de forma considerable a penalización na súa factura.

Para que poida aforrar diñeiro dende o primeiro día sen necesidade de realizar ningún investimento, ofrecémoslle a opción de pagar a batería en 24 cotas dentro da mesma factura eléctrica (substituiríase o concepto de exceso de reactiva que actualmente paga por cotas de menor importe). Unha vez pasados 24 meses non pagará nin excesos, nin cotas.

Por outra banda, e para a súa tranquilidade, se ten o contrato eléctrico e instala unha batería con Fenie Energía, realizaremos un seguimento mensual da súa factura para comprobar que non volva aparecer a penalización por enerxía reactiva. No caso de que volva aparecer, avisaremos inmediatamente o seu Axente Enerxético para que se pase pola instalación e comprobe o que puido pasar (disparo de proteccións, novos equipos instalados, algunha avaría, etc.). Sen este control hai clientes que non se decatan de que se desconectou a súa batería de condensadores durante meses.