Aforro enerxético

A iluminación é fundamental tanto no seu negocio como no seu fogar
Unha das formas máis rápidas e efectivas de reducir a súa factura eléctrica é substituír os equipos de iluminación convencional por equivalentes de tecnoloxía máis eficiente.

  • Temos a experiencia de centos de obras e o coñecemento dos nosos enxeñeiros e instaladores
  • Ofrecemos o modelo máis adecuado ás súas necesidades
  • Entregarémoslle un estudo do aforro enerxético estimado e financiaremos…
  • Este tipo de iluminación pode chegar a reducir nun 80 % as emisións de CO2 producidas
  • Traballamos coas mellores marcas (Philips, Megaman…) para que os resultados sexan sempre os desexados…
  •  O asesoramento personalizado do seu Axente enerxético, que o axudará a analizar e interpretar o seu consumo…

Casos de éxito sobre Iluminación

Interésache este produto?

Ponte en contacto connosco a través do teu Axente enerxético ou chámanos ao 900 215 470

Sabía que? sobre Iluminación

1. Que hai que ter en conta ao cambiar a súa iluminación?

Sempre que estea satisfeito coa calidade e intensidade da súa iluminación actual, o consello de Fenie Energía é que intente substituíla por produtos de similares características lumínicas. A continuación explícanse as características técnicas que se deben ter en conta.

  • Lumens: é a cantidade de luz que emite unha fonte de luz. Hai que ter en conta que en moitas ocasións os lumens necesarios nun equipo LED son inferiores aos das lámpadas convencionais. Estas emiten a luz en todas as direccións, co que unha parte se desaproveita, mentres que os equipos LED emiten a súa luz directamente cara ao plano de traballo (un exemplo claro son os tubos fluorescentes).
  • Índice de Reprodución Cromática (CRI): este parámetro indica como de ben se distinguirán as cores. Cun 100 veranse todas as cores e con só un, escalas de grises.
  • Temperatura: é a cor ou a calidez da luz. Como exemplo, as lámpadas incandescentes dun salón de casa adoitan ter 2700 K, dando unha cor amarela/alaranxada, e os fluorescentes dunha oficina, 4000 K, dando unha luz branca.
  • Ángulo: é o ángulo co que sae a luz da luminaria. Nun corredor con halóxenos adoita ser de 35-60º para que se reflicta a luz no chan e nunha oficina con fluorescencia adoita ser de 120º para obter unha iluminación uniforme sen zonas excesivamente iluminadas.
2. Cal foi a evolución do LED nos últimos anos?

O mercado LED madurou e superou con éxito os inconvenientes asociados a aqueles primeiros equipos de hai uns anos:

  • Pouca fiabilidade e marcas descoñecidas: a tecnoloxía evolucionou rapidamente e todos os fabricantes de iluminación de prestixio internacional dispoñen xa dunha ampla oferta de produtos LED.
  • Prezos dos equipos LED: unha vez que os grandes fabricantes amortizaron o I+D, rotaron a súa gama de produtos e aplicaron economías de escala, os prezos reducíronse achegándose a outras tecnoloxías.
  • Problemas técnicos: aqueles LED azulados ou as molestas “luzadas” son cousa do pasado. Actualmente en produtos de calidade é difícil diferenciar entre as lámpadas tradicionais e as LED.
3. É o momento de cambiar a LED a miña instalación?

Non podemos asegurarlle que sexa o momento de substituír a súa iluminación, pero seguro que é o momento de que un profesional o valore e lle faga un estudo de rendibilidade:

  • É economicamente rendible e con pequenos períodos de amortización.
  • Mellora a imaxe do seu negocio cunha iluminación adecuada e sen desembolsar diñeiro.
  • Evita molestos mantementos e cambios constantes de lámpadas.