Produce a túa
propia enerxía
Colabora por un
mundo máis sostible
Proxecta unha
imaxe innovadora
Aumenta o valor do
teu negocio ou vivenda
Asesoramento
personalizado
Estudo e deseño
da instalación
Descubre todas
as posibilidades
para financiar
a instalación
Prazos de
amortización
cada vez
máis atractivos
O proceso é moi sinxelo e fácil de entender
Coa enerxía que xeres e non consumas, poderás conseguir un aforro extra na túa factura
Compensación simplificada: A forma máis sinxela para producir a túa propia enerxía e beneficiarte compensando a enerxía que non consumas* e entregues á rede.*Ata o límite do importe económico da enerxía consumida nese mes..
Venda de enerxía: Se es un gran produtor, tamén temos solucións que se adaptan a ti, máis información aquí
O autoconsumo consiste en utilizar a radiación que provén do sol para xerar electricidade, que pode ser utilizada para calquera fin; é dicir, o feito de producir a nosa propia enerxía coñécese co nome de autoconsumir. Calquera equipo ou instalación que consuma electricidade pode ser abastecido por unha instalación de autoconsumo.
Podemos facer dúas clasificacións das tipoloxías de autoconsumo: autoconsumo individual ou autoconsumo colectivo, e por outro lado, autoconsumo con excedentes ou autoconsumo sen excedentes. Sempre que falamos de autoconsumo, referímonos a instalacións nas que ademais haberá unha subministración eléctrica dada de alta ou activada, e cuxo fin é o de complementar o abastecemento de enerxía que proporciona a instalación solar en momentos nos que a instalación produce pouco polo descenso de radiación, pola noite ou simplemente cando toda a demanda de enerxía non poida ser cuberta pola instalación solar.
Falamos de autoconsumo individual cando a instalación serve para abastecer de enerxía a un único consumidor ou, o que é o mesmo, cando hai só un punto de subministración dado de alta e asociado a esa instalación. Cando existan varios consumidores ou varios puntos de subministración vinculados a unha instalación de autoconsumo, entón estaremos a falar de autoconsumo colectivo. Por exemplo, unha comunidade de propietarios ou unha urbanización na que existen varias subministracións dadas de alta e que deciden compartir unha instalación solar para repartirse entre todos a enerxía que xera será considerada unha instalación de autoconsumo colectivo.
Dise que unha instalación de autoconsumo ten excedentes cando o consumidor non é capaz de aproveitar toda a enerxía xerada por ela e por tanto sóbralle; é dicir, terá un exceso de produción. É posible que a instalación non teña excedentes. Isto ocorrerá en dúas posibles situacións: por un lado, cando o consumidor sexa capaz de consumir toda a enerxía xerada pola instalación, ben porque esta estea moi ben medida e o seu patrón de consumo estea moi axustado á curva de produción, ou ben porque teña un consumo moi elevado e a instalación só poida proporcionarlle unha porcentaxe pequena da enerxía necesaria debido a un escaso espazo para colocar paneis.
A enerxía vertida á rede pode xestionarse de dúas formas: pódese compensar na factura de subministración (compensación simplificada) ou pódese facer un contrato de venta de enerxía, para o que será necesario darse de alta como produtor, e esa enerxía terá o prezo que cada mes determine o pool enerxético. Outra posibilidade para xestionar os excedentes é almacenar a enerxía que sobra en baterías para tela dispoñible no momento no que sexa necesaria.
Un autoconsumidor poderá acollerse á compensación de excedentes cando a instalación de produción sexa menor ou igual a 100 kW; no caso de que a potencia sexa superior a 100 kW, a enerxía venderase no mercado por medio dun contrato de representación de mercado realizado coa comercializadora.
Na factura realizarase unha valoración dos excedentes a un prezo previamente estipulado que no caso de Fenie Energía é de 0,049 €/kWh. A compensación consiste en valorar os excedentes a ese prezo para posteriormente restalo da factura. O consumidor seguirá pagando a parte fixa do recibo, é dicir, o termo de potencia e os impostos, e como moito poderase compensar o importe correspondente á parte variable da factura, é dicir, ao importe dos kWh consumidos. Esa parte nunca poderá ser negativa, e polo tanto a cantidade máxima a compensar será a que faga que ese importe sexa cero. Trátase dunha compensación en termos económicos máis que enerxéticos.
Unha instalación de autoconsumo está formada por varios elementos:
Como en toda instalación eléctrica, haberá cables e proteccións para as liñas eléctricas.
O prezo dunha instalación de autoconsumo pode oscilar dependendo de diferentes factores, como o tipo de estrutura que se utilice, a calidade de compoñentes como os paneis e o inversor solar. O importante dunha instalación de autoconsumo non é valorar o prezo, senón realizar un estudo adecuado e personalizado tendo en conta as necesidades do consumidor e que lle permita aproveitar ao máximo a enerxía xerada e aumentar ao máximo a porcentaxe de aforro conseguida.
A superficie que ocupa a instalación variará en función do seu tamaño; para facernos unha idea, unha instalación de 1 kW estaría formada por 2-4 paneis en función da súa potencia, co que por cada kW ocuparíamos unha superficie entre 4 e 6,5 m2
Para establecer unha instalación de autoconsumo hai que realizar algúns trámites cuxo fin é legalizala e rexistrala ante os diferentes organismos. Dependendo de diferentes factores, a tramitación cambia algo.
SEMPRE, pero é necesario realizar un estudo das necesidades reais que ten o consumidor para que a instalación estea correctamente medida e o aproveitamento da enerxía xerada sexa o máximo posible. Isto permitirá que o aforro tamén sexa o maior posible. O aforro variará dependendo de varios factores, como por exemplo o patrón de consumo do cliente: centralizar a maior cantidade posible de enerxía consumida da fotovoltaica ás horas nas que máis produce a instalación é garantía dun gran aproveitamento da instalación solar e, por tanto, garante unha porcentaxe elevada de aforro.
Cando se fala de autoconsumo, só podemos sinalar vantaxes; no referente ao medio ambiente, coa xeración solar conséguese evitar a emisión de CO2 á atmosfera. É moi habitual falar de toneladas de CO2 non emitido, pero facer un balance fiable é complicado, xa que depende da fonte de enerxía que se estea a substituír. En termos xerais, podemos falar de 0,38 Kg de CO2 por cada KWh xerado con fontes renovables. Na parte económica, debe facerse unha distinción entre o tipo de consumidor que decide autoconsumir a enerxía xerada pola súa instalación solar. Se nos referimos a un consumidor doméstico, a repercusión económica sobre a súa factura é importante; podemos falar de valores de aproximadamente un 20% de aforro en factura. Noutro tipo de consumidores, é importante non só valorar o aforro monetario, senón que tamén hai que valorar a repercusión social que pode ter ser autoconsumidor. A nivel empresarial, non só é importante o aforro obtido na factura, senón que hai que valorar a repercusión que ten que a empresa teña imaxe de innovadora a nivel tecnolóxico ou que sexa capaz de xestionar a produción dos seus produtos con fontes de enerxía renovables. Podemos falar de aforros de ata un 50% no consumo de enerxía, o cal permítelle gañar competitividade reducindo os custos de produción.