1. OBXECTO E NATUREZA DO CONTRATO

O obxecto do presente Contrato (“o Contrato”) é a subministración de enerxía eléctrica por Feníe Energía, S.A. (en adiante, “o Comercializador”), empresa comercializadora de enerxía en mercado libre, no punto de subministración (CUPS) correspondente ó enderezo do Cliente indicado nas Condicións particulares e conforme aos termos e condicións incluídos nas mesmas e nestas Condicións xerais.

Este Contrato é de tracto sucesivo e de carácter persoal, polo que o Cliente deberá ser o efectivo usuario da enerxía eléctrica subministrada, que non poderá utilizar nun lugar distinto para o que foi contratada, nin cedela, alleala ou poñela a disposición de terceiros.

Este Contrato rexerase polas estipulacións contidas no mesmo e pola normativa vixente en cada momento. En caso de discrepancia entre as Condicións xerais e as Condicións particulares especificadas no Contrato, prevalecerán por este orde as particulares e as xerais.

 

  1. AUTORIZACIÓN DO CLIENTE

A firma ou aceptación do presente Contrato implica a autorización ao Comercializador para actuar, como mandatario do Cliente, fronte al resto de Empresas distribuidoras e subscribir con elas os Contratos de acceso a terceiros ás redes (en adiante, “Contratos ATR”) que sexan precisos e cantas xestións sexan necesarias para o correcto fin do Contrato, sendo a posición xurídica do Comercializador no Contrato ATR, a todos os efectos, a do Cliente que terá a obriga de non resolver o Contrato de ATR que o Comercializador formalice no seu nome coa Empresa distribuidora en tanto permaneza vixente o presente Contrato de subministración, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, así como para xestionar a modificación ou resolución do seu contrato de subministración actual con outras comercializadoras.

En calquera caso, de acordo coa normativa aplicable, a Empresa distribuidora manterá respecto do Cliente todas as obrigas relativas ó Contrato ATR e, en caso de resolución do presente Contrato, o Cliente será titular do depósito de garantía que puidese existir, así como de calquera outro dereito asociado á instalación.

 

  1. DURACIÓN E DATA DE ENTRADA EN VIGOR

3.1.- O presente Contrato terá unha duración dun (1) ano a contar desde a data de comezo da subministración, salvo que se establecese unha duración distinta nas Condicións particulares.

O presente contrato permanecerá vixente, aínda que se solicitase a non renovación ou baixa do mesmo por parte do Cliente, ata o momento en que se produza o cambio de empresa subministradora ou cese da subministración e retirada efectiva do contador, polo que o Cliente será o responsable de aboar a subministración que se derive do presente Contrato ata dito momento, aplicándose o prezo que se determine nas Condicións particulares ou en calquera das súas prórrogas.

3.2.- O Contrato entrará en vigor na data da súa aceptación, quedando condicionada a súa efectividade ao cumprimento das seguintes obrigas:

  1. i) Á verificación por parte do Comercializador dos datos aportados polo Cliente, reservándose en todo caso o Comercializador o dereito a rexeitar o Contrato en caso de discrepancia ou incorrección de datos, en caso de existir débeda anterior pendente, en caso de que o Cliente estea inscrito nun rexistro de solvencia patrimonial ou crédito por incumprimento das súas obrigas, ou en caso de que o Cliente estea en concurso de acredores, creba ou situación análoga.
  2. ii) O Comercializador reserva o dereito a rexeitar o Contrato se o Cliente non aporta a Garantía de pagamento na data e na forma e/ou termos pactados nas Condicións particulares.

iii) Ao momento no que o Cliente aporte a documentación necesaria que poda esixirse legalmente para a subministración de enerxía.

  1. iv) Ao momento no que o equipo de medida e as instalacións cumpran os requisitos establecidos polos regulamentos vixentes, e se dispoña do acceso á rede de distribución e este se fixera efectivo, sen que exista responsabilidade por parte de Feníe Energía das demoras na data de comezo da subministración.

En caso de que o acceso á rede de distribución non se concedera antes de dous (2) meses desde a firma do presente documento, o Contrato quedará condicionado á revisión, por acordo entre as partes, das condicións económicas pactadas nas Condicións particulares. En caso contrario, entenderase como non subscrito.

3.3.- En caso de que o Cliente establecera nas Condicións particulares unha data prevista de activación da subministración, en todo caso esta quedará condicionada ou supeditada á aceptación e conexión por parte da Empresa distribuidora, exonerando o Cliente ao Comercializador de calquera demora que puidera producirse.

 

  1. PREZO

4.1.- O Cliente pagará ao Comercializador pola subministración de enerxía o prezo que se determine nas Condicións particulares.

4.2.- O prezo permanecerá firme durante cada período de vixencia do Contrato, salvo cambios regulamentarios e a modificación ou creación de calquera tributo acumulado como consecuencia da subministración, que serán repercutidos segundo se estableza legalmente. En consecuencia, as variacións que poida sufrir o prezo respecto aos valores de referencia indicados nas Condicións particulares serán trasladadas automaticamente aos prezos desde o momento en que entren en vigor, sen que isto teña a consideración de modificación das condicións contractuais nos termos da presente cláusula e da Condición xeral 9ª.

4.3.- A tarifa ou peaxes de acceso, pagamentos por capacidade, impostos municipais, dereitos de extensión, acceso, enganche, verificación, depósito e aqueles custos de mercado que impliquen, poidan aparecer ou se converteran totalmente ou en parte nun custo regulado ex-ante (en euros/MWh) correrán da conta do Cliente e se repercutirán dentro do prezo de subministración na factura. As variacións que poidan sufrir estes compoñentes respecto aos valores de referencia indicados nas Condicións particulares serán trasladadas automaticamente aos prezos desde o momento en que entren en vigor, sen que isto teña a consideración de modificación das condicións contractuais nos termos da presente cláusula e na Condición xeral 9ª.

4.4.- Igualmente, o Comercializador repercutirá ao Cliente calquera importe reclamado pola Empresa distribuidora debido a refacturacións de consumos ou que sexa resultado de actas de inspección en relación o punto de subministración do Cliente.

 

  1. PRÓRROGA DO CONTRATO

5.1.- O Contrato será prorrogado automaticamente por períodos sucesivos anuais, salvo que medie comunicación previa por calquera das partes cunha antelación mínima de (1) mes respecto á data de vencemento do Contrato ou de calquera das súas prórrogas.

5.2.- No suposto de que o Comercializador notificara ao Cliente, ao menos cun (1) mes de antelación respecto á data de finalización do Contrato ou de calquera das súas prórrogas, unhas novas condicións económicas para o seguinte período de vixencia e o cliente comunicara ao Comercializador con ao menos (10) días naturais de antelación a súa oposición ás mesmas, aplicarase o disposto na Condición xeral 3.1. En caso contrario, as novas condicións económicas entenderanse aceptadas polo Cliente e serán de aplicación no seguinte período de vixencia do Contrato.

5.3.- Sen prexuízo do anterior, a prórroga do presente Contrato quedará condicionada á verificación da solvencia do Cliente en todo caso. Como resultado de dita verificación de solvencia, ou en caso de que durante o anterior período de vixencia do Contrato se producira algunha situación de falta de pagamento ou demora no cumprimento das obrigas pecuniarias do Cliente, poderase condicionar a renovación do Contrato á presentación por parte do Cliente dunha garantía de pagamento suficiente en forma de depósito ou aval bancario, distinta da garantía de pagamento establecida nas Condicións particulares, e segundo o modelo que se proporcione atendendo ás circunstancias para cada caso concreto.

En caso de que a garantía de pagamento non se constitúa no prazo indicado expresamente desde que fose requirida, o presente Contrato quedará resolto na data do seu vencemento sen obriga de indemnización algunha.

5.4.- A devolución da garantía de pagamento, sexa a establecida nas Condicións particulares ou con motivo da renovación, será efectuada cando se resolva o presente Contrato de subministración, e o Comercializador poderá aplicar a parte correspondente da mencionada garantía de pagamento ao saldo de cantidades pendentes de pagamento. Así mesmo, o Comercializador reserva a facultade de reter a mesma polo importe de todos aqueles cargos non satisfeitos, así como os cargos resultantes de calquera outro incumprimento por parte do Cliente.

 

  1. PUNTO DE SUBMINISTRACIÓN E CALIDADE

6.1.- A efectos do establecido neste Contrato, enténdese por Punto de subministración o punto de conexión ou entrega situado na instalación do Cliente na que se efectúa a medida do consumo da enerxía eléctrica subministrada polo Comercializador.

As potencias contratadas ás que se efectúa a subministración son as que figuran nas Condicións particulares.

As potencias máximas que o Cliente pode consumir en virtude do presente Contrato serán establecidas conforme ao disposto na normativa aplicable ao efecto.

6.2.- O Cliente manifesta que está en posición de xusto título do Punto de subministración e que é o usuario efectivo da enerxía eléctrica subministrada. Deste modo, o Cliente comprométese a comunicar ao Comercializador calquera cambio que se produza e que poda afectar ao presente Contrato.

6.3.- A calidade da subministración será a definida regulamentariamente en cada momento e especialmente nos artigos 101 a 103 do Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, ou nas normas que o substitúan, sendo en todo caso responsabilidade da Empresa distribuidora da zona onde radica o punto de subministración tanto a calidade da subministración como a dispoñibilidade do mesmo, de acordo coa normativa vixente, comprometéndose a estes efectos o Comercializador a trasladar as bonificacións, descontos e/ou indemnizacións que poda aplicar a distribuidora por incidencias na súa rede.

 

  1. EQUIPOS DE MEDIDA E CONTROL

7.1.-A conexión das instalacións e dos equipos de medida levarase a cabo por parte da Empresa distribuidora nas condicións e prazos regulamentariamente establecidos.

7.2.- De acordo coa normativa actualmente vixente, o Cliente deberá dispoñer no Punto de subministración, durante a vixencia deste Contrato, dun equipo de medida adecuada ao volume de enerxía subministrado (“Equipo de medida”) que cumpra os requisitos técnicos legalmente establecidos, sendo responsable da súa custodia e do cumprimento das demais obrigas establecidas pola lexislación vixente. O Equipo de medida poderá ser propiedade do Cliente ou alugado por este, e a Empresa distribuidora será responsable das verificacións e inspeccións periódicas dos mesmos, así como de todas as obrigas impostas pola normativa.

7.3.- O Cliente deberá garantir o acceso físico á súa instalación á Empresa distribuidora e, se procede, Comercializadora e aos seus empregados ou contratistas, debidamente acreditados, de modo que podan realizar os traballos oportunos que con carácter xeral resulten necesarios para unha prestación eficaz do servizo obxecto do presente Contrato e en cumprimento da normativa en vigor.

7.4.- O Cliente comprométese a non manipular ningún dos compoñentes da instalación, en especial o Equipo de medida, exonerando en todo caso ao Comercializador de calquera continxencia que puidera derivarse do incumprimento desta obriga, e sen prexuízo das responsabilidades que legalmente lle foran esixibles pola devandita manipulación.

7.5.- No caso de que o Equipo de medida instalado ou outros compoñentes (transformadores, etc.) estean en réxime de aluguer, os prezos a facturar polos mesmos serán os establecidos na normativa vixente en cada momento, que serán facturados pola Empresa distribuidora á Comercializadora e repercutidos ao Cliente.

 

  1. FACTURACIÓN E PAGAMENTO

8.1.- O Comercializador facturará ao Cliente a cantidade a aboar derivada do presente Contrato en virtude das lecturas recibidas pola Empresa distribuidora e de conformidade coa forma e a periodicidade establecida pola normativa vixente,

En caso de que non se dispoña das lecturas de consumos, o Cliente autoriza expresamente ao Comercializador a poder facturar en base a un consumo estimado segundo os mellores datos históricos e/ou dispoñibles, que será regularizado posteriormente en función dos consumos reais ou definitivos que aporte o Distribuidor como encargado da lectura.

8.2.-  Salvo que se determine un prazo de pagamento distinto nas Condicións particulares, establécense dez (10) “Días de crédito” ou prazo para o pagamento a contar desde a data de emisión da factura por parte do Comercializador.

O Cliente, nas Condicións particulares do Contrato, poderá optar por contratar a modalidade de pagamento en “data fixa” indicando o día que quere que se lle carguen as facturas emitidas. Poderase elixir calquera día entre o 1 e o 28 do mes. Porén, só se cargarán en data fixa aquelas facturas que foran emitidas con polo menos 10 días de antelación respecto á devandita data fixa. En caso contrario, a factura cargarase na data fixa do mes correlativo.

O cliente poderá optar por contratar a modalidade de “Cota fixa diaria”. O Comercializador proporá a cota diaria calculada en base ao consumo histórico ou dispoñible da subministración e rateado en 11 meses, procedendo a regularizar a diferenza entre o consumo estimado e o real na cota 12 que se cargará ou aboará, segundo proceda, na conta de domiciliación bancaria do Cliente. As facturas emitiranse segundo o ciclo de lectura proporcionado pola Distribuidora. Na factura multiplicarase a cota diaria polo número de días de lectura correspondentes a dita factura.  O Comercializador poderá recalcular o importe da cota diaria cando se cumpra algunha das causas de modificación das condicións económicas previstas nestas Condicións xerais, ou cando se poña de manifesto unha significativa desviación dos consumos reais respecto aos consumos previstos.

Non obstante, o Cliente poderá elixir en calquera momento outra modalidade de pagamento distinta á acordada nas Condicións particulares en caso de que así o determine expresamente, cando veña imposto pola normativa vixente ou cando se comunique polo Comercializador, sempre de conformidade co estipulado na Condición xeral 9ª do Contrato (“Modificación das condicións do contrato”).

O Cliente garante que é o titular ou conta coa debida autorización do titular  da conta bancaria cuxos datos facilitou ao Comercializador nas Condicións particulares. O Cliente autoriza ao Comercializador á domiciliación bancaria do pagamento na conta designada nas Condicións particulares ou a enviar instrucións á entidade bancaria correspondente para cargar as facturas e efectuar os cobros correspondentes. En todo caso, o Cliente é o titular do Contrato a todos os efectos e, polo tanto, ostenta a condición de debedor fronte ao Comercializador en caso de demora ou falta de pagamento das facturas.

8.3.- En caso de falta de pagamento total ou parcial das facturas no prazo establecido por causas non imputables ao Comercializador:

  1. i) Para consumidores e usuarios RDL 1/2007: poderanse devindicar sobre as cantidades non satisfeitas, sen requirimento de pago previo e a partir do día seguinte á data de vencemento, xuros de demora que se calcularán aplicando o tipo de xuro legal vixente incrementado en dous (2) puntos porcentuais, así como unha cantidade equivalente de ata un 5% do total da factura, cun límite máximo de 40 €, máis os impostos correspondentes, en concepto de custos de cobro da débeda, entre os que se inclúen as comunicacións e requirimentos a efectos de pagamento, as comisións por devolución dos bancos e calquera outros gastos nos que incorra o Comercializador co referido propósito, sen prexuízo do establecido no resto de Condicións xerais e/ou particulares.
  2. ii) Para empresarios/empresas: aplicarase o establecido na Lei 3/2004 de 29 de decembro ou norma que a substitúa, aceptando ambas partes o sometemento ao mencionado texto normativo en todos os seus aspectos e obrigas, sen prexuízo do establecido no resto de Condicións xerais e/ou particulares.

En todo caso, o Cliente estará obrigado a relacionar os pagamentos efectuados fóra do prazo previsto coas facturas pendentes de aboar; non se poderá considerar feito o pagamento por conta do principal da factura mentres non estean cubertos os xuros acumulados.  En caso contrario, o Comercializador imputará o pago a saldar aos cargos máis antigos e, se o Cliente tivera contratados outras subministracións e/ou servizos co Comercializador, este poderá imputar os pagos ás facturas vencidas de maior antigüidade de calquera subministración ou servizo prestado polo Comercializador, sen que poda derivarse ningún tipo de responsabilidade para o Comercializador derivada do incumprimento do Cliente.

Así mesmo, o Cliente queda expresamente informado de que, de non realizar o pagamento no prazo e sempre que se cumpra a totalidade dos requisitos establecidos nos artigos 38 e seguintes do RD 1720/2007, de 21 de decembro, ou norma que a amplíe, modifique ou substitúa, os datos relativos ao incumprimento de pagamento poderán ser comunicados polo Comercializador a un ficheiro de cumprimento ou incumprimento de obrigas pecuniarias.

8.4.- Facturación electrónica: de acordo co establecido no artigo 63 do texto refundido da Lei xeral de defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, modificado pola Lei 3/2014, o Comercializador concede ao Cliente a opción de recibir a factura mediante o envío electrónico (email) ou físico (correo ordinario). En caso de que o Cliente autorice expresamente ao Comercializador á emisión da factura por medios electrónicos, procederase ao envío da mesma ó enderezo de correo electrónico que o Cliente facilitara nas Condicións particulares do presente Contrato.

O consentimento expreso para a remisión das facturas por medios electrónicos permanecerá vixente en tanto non sexa revocado expresamente polo Cliente.

 

  1. MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DO CONTRATO

9.1.- A modificación das Condicións do presente Contrato, salvo que sexa consecuencia de disposicións legais ou regulamentarias, será comunicada ao Cliente cunha antelación mínima de (15) días respecto á súa entrada en vigor, informándoo do seu dereito a resolver o contrato sen penalización algunha se non estivera de acordo coa devandita modificación. En caso de non manifestar o contrario, entenderase que o Cliente acepta as modificacións.

9.2.- Cando con posterioridade á data deste Contrato, se aproben, promulguen, ratifiquen ou modifiquen disposicións legais ou regulamentarias de índole administrativa, mercantil ou tributaria, ou se modifique a interpretación xudicial ou administrativa das mencionadas disposicións ou das xa existentes na data do Contrato, en virtude das cales o Comercializador sufrira un aumento do coste ou unha alteración das condicións de prestación da subministración directamente relacionadas co cumprimento das súas obrigas, o Comercializador poderá aumentar o prezo proporcionalmente, previa comunicación ao Cliente, de modo que se restableza o equilibrio económico da prestación á que está obrigado o Comercializador.

9.3.- O Cliente poderá, en calquera momento da duración da relación contractual, solicitar ao Comercializador a modificación dos servizos inicialmente contratados mediante o envío electrónico ou físico dun novo formulario de solicitude, debidamente cumprimentado e firmado, ou aceptando as condicións de contratación do servizo por medios electrónicos, no que indique os novos servizos solicitados ou os servizos dos que desexa darse de baixa.

 

  1. FORZA MAIOR

O Cliente e o Comercializador non responderán do incumprimento do Contrato de subministración en casos de forza maior e, en especial, se existe unha imposibilidade por parte do Comercializador de adquirir ou facer chegar a enerxía eléctrica ao Cliente, por causas non imputables a el ou por intervención directa ou indirecta de terceiros alleos ao presente Contrato.

 

  1. RESPONSABILIDADE

11.1.- Salvo nos casos de actuación dolosa e os supostos expresamente previstos noutras estipulacións deste Contrato, ningunha das Partes será responsable fronte á outra por danos indirectos ou lucro cesante derivado do incumprimento do presente Contrato nin por danos indirectos ou lucro cesante causados a terceiros e dos que sexa responsable esa parte. O Comercializador non responderá en ningún caso dos danos e prexuízos que se ocasionen ao Cliente ou a terceiros por razón de accións ou omisións do propio Cliente ou de terceiros que non sexan directamente imputables ao Comercializador, e en particular no suposto de cortes na subministración eléctrica ocasionados por accións ou omisións imputables á Empresa distribuidora.

11.2.- O Cliente será o único responsable e emendar calquera anomalía detectada e, en xeral, de manter en condicións axeitadas as súas instalacións de electricidade, de iluminación de emerxencia e equipos de extinción de incendio.

 

  1. SUSPENSIÓN DA SUBMINISTRACIÓN

12.1.- En caso de demora ou falta de pagamento por parte do Cliente de calquera factura vencida e, sen prexuízo do establecido na Condición xeral 14ª, o Comercializador poderá instar á Empresa distribuidora á baixa, suspensión ou corte da subministración de conformidade coa normativa vixente se, transcorrido o prazo de pagamento previsto e previo requirimento do Comercializador, non se fixese efectivo o pagamento da débeda vencida.

O exercicio por parte da Comercializadora do dereito a suspender a subministración con exime ao Cliente da obriga de pagamento das cantidades debidas de conformidade co establecido no Contrato.

Nestes casos non se producirá a reposición da subministración ata que o Cliente realice todos os pagamentos pendentes, así como os xuros de demora devindicados, , no seu caso, indemnización correspondente e calesquera outras cantidades derivadas do Contrato  e os gastos ocasionados pola suspensión e eventual reposición da subministración.

12.2.- Así mesmo, a subministración poderá suspenderse:

  1. a) En casos de forza maior, tal e como se definen na Condición xeral 10ª.
  2. b) En xeral, nos supostos previstos na normativa eléctrica vixente e, especialmente, o incumprimento de calquera obriga que se impoña ao Cliente como usuario do servizo, por razóns de seguridade ou risco para persoas ou bens, ou realización de tarefas necesarias de mantemento, reparación, ampliación ou substitución de instalacións.
  3. c) Por incumprimento das obrigas establecidas no presente Contrato.
  4. d) Por resolución contractual.

 

  1. PROCEDEMENTOS CONCURSAIS

13.1.- Cada parte comprométese a notificar á parte contraria, cunha antelación mínima de quince (15) días, calquera solicitude voluntaria de Concurso de acredores e acorda que o incumprimento dese compromiso é causa suficiente para a resolución contractual.

13.2.- Sen prexuízo do anterior, as partes comprométense a notificar a declaración de Concurso necesario en canto teñan coñecemento da mesma e, en todo caso, nun prazo non superior a tres (3) días desde ese momento. O incumprimento desta obriga será causa de resolución contractual por si mesmo.

13.3.- Así mesmo, unha vez declarada a situación concursal do Cliente, as Partes acordan expresamente que o Comercializador poderá proceder ao cobro con anterioridade ao prazo establecido na Condición xeral 8ª.

13.4.- Do mesmo modo, as partes admiten expresamente que calquera factura que se emita con posterioridade á data de declaración xudicial do Concurso terá a consideración de crédito contra a masa, quedando obrigado ao pagamento da mesma ao seu vencemento, de conformidade co disposto na vixente Lei 22/2003, Concursal, ou norma que a substitúa.

13.5.- As partes recoñecen expresamente que a natureza do presente contrato é de tracto sucesivo, polo que de acordo co disposto na citada Lei Concursal ou normativa que a substitúa, en caso de incumprimento contractual, a parte cumpridora poderá instar, mediante incidente concursal, a resolución do contrato, incluso cando ese incumprimento fora anterior á declaración do Concurso. En tal caso, a parte non cumpridora comprométese a acceder á petición de acción resolutoria da parte que inste o incidente concursal. Non obstante, en caso de que se declare obrigatoriedade do cumprimento do contrato atendendo ao interese do Concurso, a parte declarada en Concurso admite que serán con cargo á masa e de pagamento inmediato todas as prestacións debidas, tanto as anteriores como as posteriores á declaración do Concurso.

 

  1. TERMINACIÓN DO CONTRATO

Serán causas de terminación do presente Contrato:

1.- O mutuo acordo entre as partes.

2.- Os supostos de imposibilidade de tramitar o acceso á rede de distribución nos termos establecidos na Condición xeral 3ª.

3.- Por expiración do tempo inicial do mesmo ou de calquera das súas prórrogas, se as Partes tiveran manifestado a súa vontade de non renovalo segundo o disposto nas Condicións xerais 3ª e 5ª.

4.- Os supostos de imposibilidade legal ou por causas imputables ao Cliente de tramitar a suspensión da subministración.

5.- A modificación das condicións do Contrato por parte do Comercializador nos termos establecidos na Condición xeral 5ª e 9ª.

6.- A comunicación expresa polo Cliente no prazo de catorce (14) días naturais desde a firma do presente Contrato, de conformidade co disposto na Condición xeral 21ª.

7.- A non comunicación por parte do Cliente ao Comercializador da situación de insolvencia ou declaración de concurso, de conformidade co establecido na Condición xeral 13ª.

8.- Polo exercicio por calquera das Partes da facultade de resolución debida ao incumprimento de calquera obriga dimanante do Contrato. No suposto de resolución do Contrato por falta de pagamento, o Cliente estará obrigado a aboar á Comercializadora as cantidades debidas xunto cos xuros de demora pactados e os establecidos legalmente,  se procede, a indemnización correspondente e calesquera outras cantidades derivadas do Contrato.

 

  1. CESIÓN

15.1.- O Cliente poderá traspasar o seu contrato cando estea ao corrente das cantidades facturadas mediante presentación por escrito da solicitude de cambio de titularidade coa firma do novo titular. A cesión quedará condicionada á aceptación do Comercializador, que será quen xestione ante a Empresa distribuidora a regularización do Contrato ATR, a cuxa efectividade quedará condicionado o citado traspaso.

15.2.- O Comercializador poderá ceder total o parcialmente o Contrato, así como os dereitos e obrigas dimanantes do mesmo, a calquera entidade participada, vinculada ou que sexa a súa sucesora e que en un futuro poida prestar os servizos obxecto deste Contrato, quedando obrigada a comunicalo ao Cliente de forma irrefutable.

 

  1. LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN

16.1.- O presente Contrato de subministración rexerase polas estipulacións contidas no mesmo e pola normativa vixente en cada momento, especialmente polo disposto na lexislación do Sector eléctrico.

16.2.- En caso de que unha ou máis estipulacións contidas no presente Contrato se consideren nulas, inválidas ou inesixibles, a validez e esixibilidade do resto das estipulacións do presente Contrato non se verá en modo algún afectada ou prexudicada.

16.3.- En caso de que se produza calquera discrepancia ou controversia con motivo da interpretación, aplicación ou execución do presente Contrato, o Comercializador, con renuncia expresa a outra xurisdición que puidese corresponderlle, sométese á xurisdición dos Xulgados e Tribunais do lugar no que se efectúe a subministración.

 

17.- CONTRATACIÓN A DISTANCIA

17.1.- En caso de contratación electrónica ou telefónica, o Cliente queda informado e declara coñecer as Condicións particulares e xerais do Servizo para o desenvolvemento do Contrato.

De conformidade co establecido na normativa vixente (Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e RDL 1/2007), tanto o Comercializador como o Cliente acordan outorgar plena validez xurídica ao consentimento expresado mediante as claves e/ou códigos de seguridade facilitados nos termos que foran indicados para a súa utilización, de forma que permitan a identificación persoal do mesmo.

17.2.- En caso de contratación telefónica ou electrónica dos Servizos indicados nas Condicións particulares, cando o Cliente se teña posto en contacto directamente co Comercializador, procedéndose á gravación ou rexistro en formato de similares características polo Comercializador, as presentes Condicións (particulares, xerais e anexos) que conforman o Contrato e que se remiten terán a consideración de confirmación documental do consentimento previamente outorgado de conformidade co disposto no RDL 1/2007. A estes efectos, o presente Contrato entenderase perfeccionado desde o momento da gravación ou rexistro do consentimento sen necesidade de que sexa validado coa firma do Cliente e/ou evolución dunha copia dos documentos citados. Todo iso sen prexuízo do dereito de desistencia que asiste ao Cliente.

17.3.- En caso de que o Comercializador se puxera en contacto directamente o Cliente, este só quedará vinculado unha vez teña aceptado a oferta mediante a súa firma ou mediante o envío do seu acordo por escrito (papel, correo electrónico, fax ou SMS). Todo iso sen prexuízo do dereito de desistencia que asiste ao Cliente.

 

  1. COMUNICACIÓNS

18.1.- No suposto de que, como consecuencia da perfección, execución e/ou desenvolvemento do presente contrato fose necesaria a comunicación ou notificación de calesquera circunstancias entre as Partes (incluídas as relacionadas coa xestión do cobro), estas acordan que serán plenamente válidas as efectuadas a través da factura de subministración enerxética, por correo ordinario ou electrónico, por medios telefónicos ou telemáticos (incluíndo SMS e/ou claves de identificación e outros elementos de seguridade que poidan ser facilitados polo Comercializador). A tal efecto, as notificacións ou comunicacións do Comercializador realizaranse ó enderezo, teléfono e/ou correo electrónico facilitados polo Cliente nas Condicións particulares. Pola súa parte, o Cliente poderá dirixirse ó enderezo, teléfono e/ou correo electrónico establecidos na Condición xeral 20ª. Se calquera das Partes cambiase de enderezo postal ou electrónico ou de número de teléfono durante a vixencia do presente Contrato, estará obrigada a comunicar á outra Parte tal cambio para a súa actualización, asumindo a Parte que incumpra calesquera consecuencias xurídicas derivadas deste incumprimento.

18.2.- No suposto de que o Cliente se dese de alta na Oficina Virtual do Cliente que o Comercializador pon á súa disposición, as Partes acordan dotar de eficacia xurídica e plena validez ás notificacións ou comunicacións efectuadas a través desta plataforma.

 

  1. TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A efectos do disposto na normativa vixente relativa a tratamento de datos de carácter persoal, o Comercializador comprométese a cumprir o seu deber de gardar segredo dos datos de carácter persoal, e adoptará as medidas legalmente previstas e necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en consideración en todo momento o estado da tecnoloxía aplicable.

O Cliente queda informado de todas as cuestións relacionadas co tratamento dos seus datos de carácter persoal, que voluntariamente lle facilitou ó Comercializador, mediante a firma do Anexo adxunto ao presente Contrato.

 

  1. SERVIZO DE RECLAMACIÓNS

Existe un servizo de atención ás reclamacións, queixas, solicitudes de información ou comunicacións de calquera incidencia en relación co servizo contratado que o Cliente poderá canalizar a través do seu axente instalador ou dos seguintes canais de Feníe Energía:

– www.fenieenergia.es. Na páxina web poderase enviar a través dun formulario.

– Enderezo de correo: clientes@fenieenergia.es

– Teléfono de Atención de reclamacións, dispoñible todos os días do ano, as 24h: 900 21 54 70.

– Fax: 91 631 33 15

– Mediante escrito dirixido ao Departamento de Reclamacións, C/Jacinto Benavente 2B Planta Baja (Tripark Business Center), 28.232, Las Rozas de Madrid.

Toda reclamación recibida rexístrase nos nosos sistemas informáticos e o Cliente pode requirir información sobre o estado da mesma en calquera das canles indicadas.

FENÍE ENERGÍA, S.A. comprométese a contestar toda reclamación nun período non superior a un mes desde a presentación da reclamación. Esta contestación ten por obxecto informar ao Cliente das accións que se tomaron ou se van a levar a cabo para solucionar a incidencia obxecto da reclamación. A contestación non implica necesariamente a solución da incidencia, xa que en moitos casos pode requirir accións nas que o tempo supere o establecido para a contestación.

 

  1. INFORMACIÓN SOBRE O EXERCICIO DO DEREITO DE DESISTENCIA

21.1.- Dereito de desistencia: Como consumidor a efectos do RDL 1/2007 ou norma que o substitúa, ten vostede dereito a desistir do presente contrato nun prazo de catorce (14) días naturais desde o día de celebración deste contrato, sen necesidade de xustificación.

Para exercer este dereito, deberá vostede notificar a Feníe Energía, no enderezo que figura máis abaixo, a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca. Poderá utilizar o modelo de formulario de desistencia que figura na seguinte páxina, aínda que o seu uso non é obrigatorio.

Para cumprir o prazo de desistencia basta con que a comunicación relativa ao exercicio deste dereito sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.

21.2.- Consecuencias da desistencia: Se vostede solicitou que a subministración de electricidade dese comezo durante o período de desistencia, deberá aboar un importe proporcional á parte xa prestada do servizo no momento en que nos comunique a súa desistencia, en relación co obxecto total do contrato.

 

  1. BONO SOCIAL E POBREZA ENERXÉTICA

22.1.- O Cliente manifesta que non é perceptor do bono social. En caso contrario, o Cliente manifesta que foi debidamente informado por parte do Comercializador de que a subscrición do presente Contrato no mercado libre implicará que non resulte de aplicación o mesmo e, para poder validar a subscrición do Contrato, o Cliente deberá completar e enviar o formulario de “Renuncia á aplicación do bono social” que se facilitará co Contrato.

22.2- Así mesmo, o Cliente manifesta que non está acollido ao PVPC. En caso contrario, o Cliente manifesta que foi debidamente informado por parte do Comercializador de que a subscrición do presente Contrato no mercado libre implicará que non resulte de aplicación o bono social se cumprise os requisitos legais.

22.3.- O Cliente manifesta que non se encontra en situación de pobreza enerxética, vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

En caso contrario, o Cliente obrígase e é o único responsable de solicitar á Administración competente a documentación precisa para acreditar tal situación, así como a facilitar e poñer en coñecemento do Comercializador, eximindo a este de toda responsabilidade en caso de incumprimento.

 

  1. MISCELÁNEA

23.1.- O Cliente, ao subscribir o presente Contrato, consinte expresamente que o Comercializador poida remitir por calquera medio, entre outros medios electrónicos, informáticos e/ou convencionais, información comercial dos produtos e servizos comercializados polo Grupo e as súas filiais ou terceiros.

23.1.- Así mesmo, o Cliente consinte expresamente para que o Comercializador poida reproducir, utilizar e/ou difundir o seu nome e/ou imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou comercial como caso de éxito enerxético, outorgando unha licenza mundial e gratuíta, en calquera medio (incluíndo con carácter enunciativo, non limitativo, a explotación a través de Internet, Internet para telefonía móbil ou redes sociais) e sen que esas actividades lle confiran dereito de remuneración ou beneficio algún. Non obstante, o Comercializador notificará previamente ao Cliente.

23.3.- O Comercializador informa de que o Cliente poderá revocar o seu consentimento ao envío de comunicacións comerciais ou á cesión de datos en todo momento mediante comunicación escrita a Feníe Energía, S.A., domiciliada a efectos de comunicacións en rúa Jacinto Benavente 2B Planta Baja (Tripark Business Center), 28232, Las Rozas de Madrid, ou por correo electrónico ó enderezo clientes@fenieenergia.es enviando fotocopia do DNI, pasaporte ou calquera outro documento de identificación, e os poderes suficientes do representante interesado.