Aparecen os datos do titular do contrato, a tarifa, os datos da empresa distribuidora da súa zona e o CUPS* (Código Universal de Punto de Subministración, que é como o DNI do punto de subministración).
* Aínda lle quedan dúbidas de que é o CUPS? Prema aquí!
Os datos máis importantes da factura, como a data e o período de facturación, a tarifa contratada con Fenie Energía e a validez do contrato.
* Sabe que tarifa ten contratada? É a que máis se adapta a vostede? Prema aquí!
Móstranse todos os consumos do cliente diferenciándoos en:
Termo de Enerxía:
É a parte variable da factura. O seu importe depende do consumo realizado (que é o dato que pode ver coa unidade kWh).
O prezo total de Fenie Energía é o resultado da suma do “prezo custo enerxía” e “prezo peaxe enerxía”, sendo o prezo peaxe unha parte da factura regulada polo Goberno.
Quere saber máis sobre peaxes? Prema aquí!
Termo de Potencia:
é a parte fixa da factura e é proporcional aos días de consumo aos que corresponde a factura.
O seu importe calcúlase multiplicando a potencia contratada polo prezo da peaxe polo número de días de factura. Como Fenie Energía non suma ningún sobrecusto ao prezo da peaxe, todo o que se factura por termo de potencia é un custo regulado que está fixado polo Goberno.
Atención, que moitas das ofertas que pode atopar no mercado si que teñen un prezo superior no termo de potencia!
Enerxía Reactiva:
no caso de que o consumo de enerxía reactiva da instalación sexa superior a un límite establecido polo Goberno, hai regulada unha penalización debida a este exceso.
* Ten consumos de enerxía reactiva e non sabe por que? Quere saber que é a enerxía reactiva? Prema aquí!
Imposto eléctrico: é de tipo especial, aplícase sobre todos os conceptos enerxéticos da factura (o aluguer do equipo de medida non se ve afectado por este imposto). 5,11269632 por cento, segundo lexislación (Lei 28/2014).
Aluguer equipo medida: no caso de que o contador sexa propiedade da distribuidora, esta cobra un prezo polo aluguer deste, que se transmite ao cliente a través da factura, e no que a comercializadora (Fenie Energía) o cobra ao cliente e o paga á distribuidora.
IVE
Especifica a data do cargo e o número de conta ao que vai a ser cargada a factura.
Amósanse os datos de contacto para atención sobre calquera consulta do contrato, así como atención de reclamacións. E o teléfono de atención da distribuidora da súa zona, en caso de ter unha avaría.
Cadro resumo co consumo da última factura que se calcula como a diferencia entre a lectura actual e a lectura anterior (ambas proporcionadas pola empresa distribuidora da súa zona). Tamén se informa sobre o tipo de lectura (visual, estimada, por telemedida, etc.)
* Se non sabe por que o seu consumo aumentou, quizais lle interese a nosa ferramenta Sigue+e. Prema aquí!
“Peaxes de enerxía” é o importe correspondente ao termo de enerxía e que se paga ás empresas distribuidoras para pagar os custos do sistema eléctrico. É un custo regulado polo Goberno.
“Maxímetro” é o valor da máxima potencia utilizada na instalación no período que se está a facturar. Non todas as subministracións dispoñen de maxímetro, polo que pode que na súa factura non veña ningún valor informado.
* Se quere saber máis sobre maxímetros ou ICP, prema aquí!
Formado por dúas gráficas, a primeira expresa o consumo do punto de subministración no último ano e medio. A gráfica en forma de queixo explica o destino dos impostos e peaxes recadados na factura.
Explica en termos de porcentaxes a produción eléctrica española e as fontes enerxéticas das que provén, e cal é a pegada de carbono por kWh consumido.