Aparecen os datos do titular do contrato, a tarifa, os datos da empresa distribuidora da súa zona e o CUPS* (Código Universal de Punto de Subministración, que é como o DNI do punto de subministración).
* Aínda lle quedan dúbidas de que é o CUPS? Prema aquí!
Aparecen a data, o período de facturación, o nome da tarifa contratada con Fenie Energía e un número de factura.
* ¿Quere saber máis sobre as diferentes tarifas de gas que temos en Fenie Energía?
a) Consumo: exprésase en kWh e para poder conseguir este consumo multiplícase o consumo de gas en “m3” polo “Factor de Conversión Poder Calorífico”; para poder conseguir o prezo do consumo hai que multiplicar o resultado anterior pola tarifa contratada.
b) Termo fixo: este valor non varía dependendo do consumo, calcúlase multiplicando o termo fixo contratado polo número de días facturados.
c) Imposto Especial Hidrocarburos: é un imposto de carácter especial, que se aplica sobre o consumo en kWh. O resultado destínase integramente ao Estado, para que poida promover a fabricación e importación de hidrocarburos. (R.D. 1165/95)
d) Aluguer equipo medida: é o prezo determinado pola distribuidora polo arrendamento do contador.
e) IVE: é o 21 % e aplícase sobre todos os valores da factura.
Especifica a data aproximada na cal se cobrará, e o número de conta ao que vai ser cargada.
Amósanse todos os números de interese necesarios.
a) Datos de contacto do seu Axente Enerxético, o cal xestionará e resolverá as súas dúbidas.
b) Datos de contacto de Fenie Energía como clientes.
Expresa o período de facturación, o n.º de contador do cliente, o tipo de lectura que nos trasladou a distribuidora e o consumo en “m3”.
Factor Conversión Poder Calorífico, é o valor polo cal hai que multiplicar o consumo en m3 para poder expresalo en kWh.
Tamén se especifica que cantidade da factura está destinada a peaxes, cunha breve explicación.
Historial do consumo en forma mensual ou bimensual, para que poida analizar os seus consumos de gas no último ano.
Neste apartado damos información útil para o cliente, como advertencias ou datos curiosos.