De acordo coa normativa vixente, unha instalación catalógase cunha IT. Dependendo da IT, recibirase unha Retribución ao investimento (Rinv) e unha Retribución á operación (Ro).
Núm. horas funcionamento: o núm. de horas equivalentes que produciu a instalación. No caso do exemplo, é unha hora equivalente cando a instalación produciu 100 kWh, xa que a súa potencia nominal é 100 kW.
Limiar de funcionamento: núm. de horas equivalentes mínimas para recibir retribución.
Coeficiente d: É o coeficiente que, en función das horas de funcionamento, determina a cantidade de Retribución específica que cobrar*
d<1 d = (Nhinst – Uf)/(Nhmin – Uf)
* A fórmula que aparece aquí é a que se aplica en decembro; para o resto do ano, o que se fai é un control trimestral, e se non o cumpre, ata o seguinte control terá un d inferior a 1 ou incluso a cero, polo que terá que devolver a parte da retribución específica que recibira de máis.
Onde:
Nhinst: número de horas de funcionamento da instalación
Uf: limiar de horas de funcionamento nun ano
Nhmin: número mínimo de horas anuais de funcionamento.
Núm. horas mínimo: Horas equivalentes que unha planta debe ter para percibir o 100 % da retribución d=1.
Núm. horas máximo: cando se superen estas horas equivalentes, a instalación deixará de cobrar Ro para cobrar unicamente Ri e Ro.
Enerxía Activa en kWh: A enerxía producida no período de tempo indicado.
Enerxía limitada kWh: Volume de enerxía da produción total deste mes que ten dereito a Ro.
E/R: Lectura real ou estimada.
Rinv: Retribución ao investimento. Cantidade fixa que se percibe todos os meses, independente da produción = Potencia nominal * valor Rinv.
Ro: Retribución á operación. Cantidade variable dependendo da produción de cada mes = Enerxía limitada * valor Ro.
R Específica: Rinv + Ro.
PMP prezo medio ponderado da súa enerxía producida vendida no mercado.
Mercado total que recibe pola súa enerxía producida vendida no mercado durante este mes = Enerxía Activa * PMP.
M: Mes de produción desta factura.
M-4: Liquidación de hai catro meses.
M-11: Liquidación de hai once meses.
Coeficiente de cobertura: Porcentaxe que indica a diferenza entre os ingresos e os gastos do sistema. O goberno calcúlao cada mes.
Específica 2019 (sen coeficiente): Suma de R Específica x d en M + diferenza M-4 + Diferenza M-11. Isto é o que a CNMC lle pagaría este mes se non existise o Coeficiente de Cobertura.
Total R. Específica 2019 (con coeficiente): Pagamento mensual CNMC con Coeficiente de Cobertura aplicado.
Total R. Específica: Total retribución CNMC AAAA (con coeficiente).
TOTAL RETRIB. MERCADO: Total retrib. mercado (M) + diferenza M-4 + diferenza M-11.
BASE IMPOÑIBLE Total liquidación CNMC + TOTAL RETRIBUCIÓN MERCADO.
TOTAL FACTURA: BASE IMPOÑIBLE + IVA.
De onde vén o TOTAL LIQUIDACIÓN CNMC de 2.695,68 €?
TOTAL LIQUIDACIÓN CNMC (G)
Calcúlase segundo a seguinte fórmula (G) = (F x E) – (D – C + A), onde:
(F) É o total da suma das retribucións que debería ter cobrado ata este momento, se non existise o coeficiente. No noso exemplo, 74.545,12€
(E) É o coeficiente de cobertura aplicado en cada mes. No noso exemplo para a liquidación de novembro 83,3577592521 %
(D) Suma dos pagamentos que xa se fixeron nos meses anteriores (xaneiro, febreiro, marzo… outubro) no noso exemplo: xaneiro 0,00 € + febreiro 1.763,04 € …= 57.614,47 €
(C) Cobramentos acumulados. 0 €.
(A) Cobramentos máis netos realizados na liquidación M-1. No noso exemplo, é cero para este mes.
(G) = (F x E) – (D – C + A)=(74.545,12 € x 83,3577592521 %) – (57.614,47 € – 0 € + 0 €) = 4.524,67 €
No exemplo, o produtor debería ter recibido unha retribución de 38.916,23 €, pero, tendo en conta que o goberno está aplicando o coeficiente de cobertura, o produtor recibiu realmente 74.545,12 € (xaneiro 0,00€ + febreiro 1.763,04 €…); o resto liquidarase nos seguintes meses conforme vaia aumentando o coef. de cobertura e o pagamento completarase cando este alcance o 100 %