Mobilidade eléctrica

ico_vehiculoVehículo eléctrico

Esquézase do pasado e enchúfese ao futuro
Sabe canto aforraría cun vehículo eléctrico ao ano?


1.1€/L.Calcular

Aforro con Fenie Energía

Canto CO2 deixaría de emitir á atmosfera se conducise un vehículo eléctrico?

1664.40 Kg ¿?

*114 g/km é o valor medio de contaminación dun vehículo de combustión (gasolina)

Se ten un vehículo eléctrico e necesita instalar un punto de recarga, contacte con nós.
Asesorarémolo para ofrecerlle a solución que necesita.

Dende Feníe Energía cremos e apostamos polo vehículo eléctrico, por iso en abril de 2014 lanzamos xunto con Renault a “Experiencia 100 % Eléctrica”. Neste proxecto os nosos axentes enerxéticos percorreron España, cunha Renault Kangoo ZE. Quere coñecer as súas experiencias e opinións sobre a mobilidade eléctrica?

Son moitas as vantaxes asociadas ao vehículo eléctrico

  • ico_fuel Reducir a dependencia dos combustibles fósiles
  • O mantemento é máis económico
  • ico_parking Axudas á mobilidade, o aparcamento gratuíto ou a carga, vías alternativas ou acceso gratuíto a autopistas de peaxe.

Aínda está a pensalo?
ÚNASE Á MOBILIDADE ELÉCTRICA!

Quere saber onde cargar
o seu vehículo eléctrico?

Pode facelo a través da nosa web e a nosa aplicación para dispositivos móbiles. Coa nosa web poderá:

  • Reservar e cargar en punto de recarga
  • Ver o estado do punto (reservado, libre, ocupado…)
  • Localizar os máis próximos
  • Crear favoritos
  • Saber o seu historial de recarga

 

iTunes gplay

ico_enchufe_infraestructuraInfraestrutura de recarga

Enchufe o seu coche con Fenie Energía!
Instale un punto de recarga con Fenie Energía e protexa o seu vehículo con el

 

  • DOMÉSTICO

    Asesorámolo na compra e realizamos a instalación do punto de recarga na súa vivenda


    img_domestico

    • Instalación segundo a normativa (ITC)-BT-52
    •  Estudo personalizado a cada cliente, tendo en conta as necesidades específicas de cada punto de recarga
    •  Co asesoramento dun instalador experto formado por Fenie Energía
    •  Os nosos puntos de recarga adáptanse a todos os tipos de vehículos eléctricos do mercado
    •  Financiamento ata en 24 cotas

    Necesita máis información ou quere solicitar un orzamento?

 

  • EMPRESAS E CONCELLOS

    Sabemos que ten necesidades especiais e por iso asesorarémolo na compra e realizaremos a instalación do punto de recarga que máis se adapte ás necesidades da súa empresa.


    img_empresas

    • Plataforma online para poder xestionar, reservar e ter un seguimento dos diferentes puntos de recarga. (recarga.fenieenergia.es)
    •  Se está interesado en comercializar a enerxía dos seus puntos de recarga, axudámolo sendo o seu (xestor de carga)
    •  Instalación segundo a normativa (ITC)-BT-52
    •  Estudo personalizado a cada cliente, tendo en conta as necesidades específicas de cada punto de recarga
    •  Co asesoramento dun instalador experto formado por Fenie Energía
    •  Os nosos puntos de recarga adáptanse a todos os tipos de vehículos eléctricos do mercado
    •  Financiamento ata en 24 cotas

    Necesita máis información ou quere solicitar un orzamento?

Gestor de recargas

Feníe Energía ofrece el servicio de gestor de cargas para empresas y entornos urbanos que lo deseen.

Que é un xestor de cargas?

O xestor de cargas do sistema é unha sociedade mercantil de servizos de recarga enerxética, que, sendo consumidor, está habilitado para a revenda de enerxía eléctrica para servizos de recarga enerxética para vehículos eléctricos.

Como xestores de cargas encargámonos de todo o relacionado coa instalación, mantemento, xestión de clientes e facturación de puntos de recarga que necesiten estes requisitos. O noso servizo integral de xestión de cargas permite:

  • Ter acceso a toda a rede de puntos de recarga Fenie Energía.
  • Coñecer os seus consumos nos diferentes puntos de recarga onde conectou o seu vehículo.
  • Reservar un punto de recarga para que poida atopalo dispoñible cando chegue.
  • Coñecer o estado de cada punto de recarga (ocupado, libre…).
  • Atención ao cidadán 24 horas en caso de consultas ou incidencias.

¿Quieres más información sobre gestor de cargas?

Sabía que?

1. Por que necesito instalar un punto de recarga?

Moitos usuarios de vehículo eléctrico cuestiónanse a necesidade de instalar un punto de recarga cando adquiren o seu vehículo eléctrico. En primeiro lugar, nós recomendamos instalar un punto de recarga por seguridade, tanto para protexer o seu coche, como a si mesmo ante posibles faltas na liña. Por outra parte, é necesario un punto de recarga para cumprir a normativa vixente de instalacións eléctricas en baixa tensión. Ademais, se quere cargar o seu vehículo en menos de 10 h, necesitará un conector específico para vehículo eléctrico.

2. Como podo recargar o meu vehículo eléctrico?

Dende Fenie Energía ofrecémoslle un asesoramento personalizado para recomendarlle a mellor solución de recarga en función do seu vehículo eléctrico e a súa localización, así como os tempos de recarga. Ademais, asesorarémolo sobre a tarifa eléctrica máis adecuada!

3. Canto tempo se tarda en cargar un coche eléctrico?

O tempo de carga das baterías do vehículo depende fundamentalmente de dous factores: a capacidade da batería e a potencia de carga.

Para un vehículo de autonomía aproximada de 150 km, encontramos os seguintes tempos de carga:

Carga normal Carga semirrápida Carga rápida
Tensión máx. 230 V monofásico 400 V trifásico 500 V continua
Corriente máx. 16 A 32 A 32 A 63 A 125 A
Potencia máx. 3,7 kW 7,4 kW 21 kW 43 kW 50 kW
Conector Tipo 1, tipo 2, schuko Tipo 1 y tipo 2 Tipo 2 Tipo 2 CHAdeMO, Combo
Ubicación Vivendas, garaxes privados… Centros comerciais, via pública… Puntos estratéxicos en estrada
Horas* 8 h 4 h 30 min 1 h 30 min 45 min 30 min

* Estes valores poden verse lixeiramente modificados en función da capacidade da batería e o vehículo.

4. Canto me custa facer unha recarga das baterías do vehículo eléctrico?

O custo da recarga dependerá da tarifa contratada coa compañía de electricidade e a capacidade da batería, así como da potencia empregada para iso.
Se utiliza un punto de recarga conectado ao consumo da súa vivenda e ten contratada unha tarifa 2.0 DHS ou superval con Fenie Energía, o prezo para realizar en torno a 100 km é de 1,12 €.
0,065070 €/kWh (prezo enerxía FE en tarifa superval (2.0DHS))* 17,3 kWh/100 km (consumo dun Nissan Leaf)

Se pola contra realiza unha recarga puntual nos estacionamentos públicos da cidade, dependerá de se ese punto de recarga está xestionado por un xestor de cargas e as tarifas que teña. O prezo adoita ser bastante maior que facer unha recarga na súa vivenda.

5. Existen axudas públicas para a compra de vehículos eléctricos?

Actualmente disponse dun plan de axudas, o Programa MOVEA 2016, polo que se regula a concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos. O prazo de solicitudes será ata o 15 de outubro de 2016 ou ata que se esgote o orzamento dispoñible, no caso de que ocorrese con anterioridade. Pode ampliar información premendo aquí.

6. Como podo distinguir que un vehículo é eléctrico?

É fácil distinguir un vehículo eléctrico, aínda que moitas veces pasan desapercibidos entre nós. En primeiro lugar, a súa condución é silenciosa. Ademais, non contan con tubo de escape xa que son totalmente limpos. E, por se aínda queda algunha dúbida, a DGT identifica os vehículos “cero emisións locais” cun distintivo:

distintivo_electrico