Sección “Bullets”

Empezamos co obxectivo de poder ser capaces de achegar valor ao cliente e competir no sector enerxético a través de especialistas, empresas instaladoras, que coñecen as necesidades reais dos consumidores.

A nosa orixe, como parte do noso nome, vén da Federación Nacional de Empresarios de Instalaciones Eléctricas y de Telecomunicaciones, FENIE, formada por máis de medio centenar de asociacións provinciais que representan a máis de 15 000 empresas instaladoras, as cales foron un factor fundamental para a creación e o crecemento de Fenie Energía.
Quere saber máis sobre FENIE?

Dende a nosa constitución, o 2 de marzo de 2010, contamos con 1347 accionistas; dende ese momento fomos crecendo, tanto no número de clientes como no número de accionistas, e en 2015 somos máis de 2400 accionistas e o número de axentes enerxéticos formados por Fenie Energía supera os 1800.