O sitio web www.fenieenergia.es (en adiante o “Sitio Web”) pertence á empresa FENIE ENERGÍA, S.A. (en adiante “FENIE ENERGÍA”) con domicilio social en C/JACINTO BENAVENTE, 2 B, PLANTA BAJA (EDIFICIO TRIPARK), 28232, LAS ROZAS, MADRID, con C.I.F n.º A- 85908036, e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, Tomo 27.814, Folio 44, Folla M-501244.

Informámolo de que este Sitio Web utiliza unha tecnoloxía denominada “Cookies” co fin de facilitar a navegación dos Usuarios, mostrarlles información do seu interese sempre que accedan ao noso Sitio Web e mellorar a calidade dos nosos servizos.

En FENIE ENERGÍA cumprimos coa normativa que regula o uso das Cookies: Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), que traslada á lexislación española a Directiva 2009/136/CE. O Usuario poderá atopar na nosa Política de Cookies información sobre o tipo de Cookies que utilizamos, os fins para os que se utilizan e as opcións das que dispón para controlalas ou eliminalas. No caso de que o Usuario requira información adicional sobre as Cookies que utilizamos no Sitio Web, poderá remitir un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@fenieenergia.es

Que son as Cookies?

Unha Cookie é un arquivo que se descarga no seu equipo (ordenador ou dispositivo móbil) coa finalidade de almacenar datos que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación, neste caso FENIE ENERGÍA.

A información recollida a través das Cookies pode incluír a data e hora das visitas ao Sitio Web, as páxinas visitadas, o tempo que estivo no noso Sitio Web e as accións realizadas, así como os sitios visitados xusto antes e despois da visita.

Que tipo de Cookies poderían usarse neste Sitio Web e con que finalidade?

O noso Sitio Web podería utilizar calquera das Cookies que se describen a continuación:

Cookies de sesión: Son un tipo de Cookies deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o Usuario accede a unha páxina web.

Cookies persistentes: Son un tipo de Cookies no que os datos seguen almacenados no terminal e poden ser accedidos e tratados durante un período definido polo responsable da Cookie, e que pode ir duns minutos a varios anos.

Cookies técnicas: Son aquelas que permiten a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao Usuario acceder ao servizo con algunhas características predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do Usuario como por exemplo o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional dende onde accede ao servizo, etc.

Cookies de análise: Son aquelas que permiten ao seu responsable o seguimento e análise do comportamento dos Usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de Cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

Cookies publicitarias: Permiten a xestión da forma máis eficaz posible dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado, en base a criterios como o contido ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión da forma máis eficaz posible dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas Cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función deste.

Cookies propias: Estas Cookies son enviadas ao ordenador do Usuario e xestionadas exclusivamente polo titular do Sitio Web para o mellor funcionamento do Sitio Web. A información que recollemos emprégase para mellorar a calidade do noso servizo e a súa experiencia como usuario. Estas Cookies permanecen no seu navegador máis tempo, permitíndonos recoñecelo como visitante recorrente do Sitio Web e adaptar o contido para ofrecerlle contidos que se axusten ás súas preferencias.

Cookies analíticas de terceiros: No noso Sitio Web tamén poderiamos utilizar o sistema de medición de audiencia Google Analytics, unha ferramenta de análise web de Google que nos permite coñecer como interactúan os usuarios do noso Sitio Web. Así mesmo, habilita Cookies no dominio do sitio no que se atopa o usuario e utiliza un conxunto de Cookies para recompilar información de forma anónima e elaborar informes de tendencias do Sitio Web sen identificar usuarios individuais.

Máis información sobre o tipo de Cookies que utiliza Google Analitycs e o seu período de expiración:

https://developers.google.com/analytics/devguides/collection/analyticsjs/cookie-usage?hl=es

Cando outorgo o meu Consentimento para o Uso de Cookies?

Cando o Usuario accede ao noso Sitio Web e antes de comezar a navegación, é advertido sobre o uso de Cookies de maneira que pode prestar o seu consentimento en relación coa nosa Política de Cookies indicando que “acepta”,  pechando a ventá informativa e continuando a navegación, ou realizando accións dentro do Sitio Web que impliquen un consentimento tácito. Se o Usuario continúa a navegación, iso supón a aceptación da nosa Política de Cookies. Se o Usuario non consente o uso de Cookies deberá abandonar o Sitio Web e cesar a navegación, ou ben deberá seguir as instrucións segundo o navegador que utilice para desbloquear as Cookies, segundo se informa no apartado seguinte.

Como podo deshabilitar e bloquear as Cookies?

Vostede poderá en calquera momento deshabilitar as Cookies e continuar a súa navegación, se ben esta se verá limitada en varias das súas seccións e a súa navegación podería ser bloqueada en calquera momento. Vostede poderá bloquealas ou deshabilitalas activando a configuración do seu navegador, que lle permite rexeitar a instalación de todas as Cookies ou dalgunhas delas. A maioría dos navegadores permiten advertir da presenza de Cookies ou rexeitalas automaticamente. Se as rexeita, poderá seguir usando o noso Sitio Web, aínda que o uso dalgúns dos seus servizos poderá ser limitado e polo tanto a súa experiencia no noso Sitio Web, menos satisfactoria.

Para optar por non ser rastreado por Google Analytics en todas as páxinas web, visite o seguinte enlace: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=es.

Salvo que axustase a configuración do seu navegador, o noso sistema creará Cookies en canto visite o noso Sitio Web e acepte a nosa Política de Cookies. Teña presente que todos os navegadores de Internet permiten o cambio da devandita configuración.

Para obter máis información sobre a forma de axustar a configuración das Cookies, segundo o navegador que vostede utilice habitualmente, recomendámoslle que visite os seguintes enlaces:

Internet Explorer:

5 (http://support.microsoft.com/kb/196955)

6 (http://support.microsoft.com/kb/283185)

7 (http://www.allaboutcookies.org/manage-Cookies/internet-explorer7-plus.html)

8 (http://www.allaboutcookies.org/manage-Cookies/internet-explorer8-plus.html)

9 (http://windows.microsoft.com/is-IS/windows7/How-to-manage-Cookies-in-Internet-Explorer-9)

Firefox:

http://support.mozilla.org/en-US/kb/cookies

Chrome:

http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=en&answer=95647

Safari:

http://support.apple.com/kb/PH5042 (and for iOS http://support.apple.com/kb/HT1677)

Como podo revogar o meu consentimento?

Vostede poderá, en calquera momento, revogar o consentimento outorgado en relación co uso de Cookies que nos autorice a realizar, para o cal deberá eliminar as Cookies almacenadas no seu equipo (ordenador ou dispositivo móbil) a través dos axustes e configuracións do seu navegador de Internet.
Porén, teña en conta que na maioría dos casos, eliminar ou deshabilitar as Cookies podería afectar a funcionalidade do noso Sitio Web e limitarlle o acceso a certas áreas ou servizos ofrecidos a través deste.