Iluminación
Asesoramento e instalación
Axudámoste a aforrar enerxía de maneira sostible, a través da substitución da iluminación convencional por outras máis eficientes, como a tecnoloxía LED.
Contamos cunha importante experiencia en vivendas particulares e grandes edificacións, gracias á nosa rede de instaladores e equipo de enxeñería.
Este servizo proporciona ademais un estudo de aforro enerxético estimado, o que permite aumentar o grao de eficiencia cara a unha redución nas emisións de C02, co obxectivo de poder aforrar na factura e coidar do planeta.