Monitorización de Enerxía

palas de aerogeneradores

Pause video

Play video

Queres saber canta enerxía produce a túa planta?

Coñecer a produción das túas plantas é fundamental para controlar a enerxía que entra e o propio rendemento. 

Poñemos ao teu servizo a ferramenta Sigue + e, unha plataforma de seguimento que che ofrece importantes vantaxes

Quero información personalizada

Rechea este formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes:

 

Queres saber máis sobre o servizo de Monitorización e a plataforma Sigue+e?

Levando un control da xeración da túa instalación, actualmente pódense monitorizar as plantas de réxime especial por medio de telemedida ou se se desexa ver en tempo real por medio da instalación de analizadores de redes.

Unha vez monitorizado, o software permíteche a creación de alarmas ou alertas onde te avisará se non se chega á produción desexada.

Os datos volcados na plataforma son sinxelos de interpretar; se existen algunhas dúbidas, os nosos expertos en sistemas de monitorización aclararanchas rapidamente.

Si, os informes ademais de chegar aos correos electrónicos programados no software, quedaranse almacenados nun formato árbore no software de monitorización Sigue+e, co cal o cliente sempre poderá ter acceso aos mesmos.

Actualmente o contrato de monitorización está desvinculado do contrato eléctrico. Calquera persoa, sexa ou non sexa cliente eléctrico de Feníe Energía pode solicitar un contrato de monitorización con nós.

Si, tanto se dispós dun contador de telexestión onde a información viaxa por medio de “power line” (para potencias menores de 15 kW), como se dispoñes dun contador con telemedida (potencias superiores a 15 kW)  onde a información se extrae do contador cunha chamada ao router do mesmo, pódense monitorizar ditos contadores.

Ademais, se se queren ver estes consumos en tempo real minuto a minuto pódense instalar diferentes equipos de medida no contador, xa sexan lectores ópticos monitores de consumo ou analizadores de redes).

Depende da información que se queira obter, por medio da telemedida ou a telexestión non temos datos en tempo real, (hoxe veriamos a información de onte e mañá a de hoxe) e non precisariamos instalar ningún equipo adicional.

Se se quere obter información minuto a minuto en tempo real, precisamos instalar equipos adicionais (monitores de consumo ou analizadores de redes).

Outra opción é se se fai “submeetering”, onde sempre se precisa instalar equipos adicionais.

Se es cliente eléctrico incluirase na factura de electricidade.

Se só se ten un contrato de monitorización emítese unha factura exclusiva mes a mes polo servizo.

 

Monitorizando tan só a acometida, o aforro medio é dun 10% do consumo total.

Realizando  “submeetering” (monitorizando acometida e circuítos independentes augas abaixo), o aforro medio está entre un 12% -15%.

É importante mencionar que a medición por si soa non xera aforros, pero outorga a capacidade de visualizar o que está sucedendo e permítenos acometer medidas de aforro de forma segura que procuren un aforro económico directo.

O primeiro e monitorizar a instalación. Unha vez feito isto o software deixarache programar as horas de inactividade e, mediante distintas gráficas de consumo residual, dirache o que gastas en enerxía e en euros durante esas horas.

Ademais disporás de outras gráficas onde poderás ver o consumo, tanto en tempo real como hora a hora dos días que se desexe.

A ISO-50001 é unha norma que nos guía para unha xestión da eficiencia enerxética (norma creada por AENOR).

Esta norma indícache por medio duns procedementos de actuación como ser eficiente enerxeticamente nunha empresa sen variar a produción e como ir mellorando continuamente xerando máis aforros.