Un consumo eficiente é aforro na túa factura

Descobre as opcións dispoñibles e contacta cos nosos Axentes Enerxéticos se precisas consello.

Imaxe
iluminacion-eficiencia
Asesoramento e instalación
Unha forma rápida e efectiva de reducir a túa factura, substituíndo a túa instalación…
Imaxe
monitorizacion-eficiencia
Coñece o teu consumo
Un servizo de asesoramento para coñecer os consumos da túa instalación: o primeiro paso…
Imaxe
subterráneo iluminado

Aproveita a oportunidade cambiando á tecnoloxía LED

Queres saber máis sobre aforro enerxético e eficiencia?

Existen numerosos equipos eléctricos como iluminación fluorescente, motores eléctricos, máquinas de aire acondicionado, ascensores, etc., que producen un fluxo de enerxía que circula dun lado a outro da rede eléctrica producindo perdas e problemas na rede de distribución. Esta enerxía é a denominada “Enerxía reactiva”.

As compañías distribuidoras de enerxía teñen que realizar unha maior inversión en sobredimensionar as liñas de distribución, así como os transformadores para o transporte e transformación desta enerxía reactiva. Isto xera uns custos no sistema eléctrico que son trasladados ao cliente en forma de penalización por enerxía reactiva na súa factura eléctrica.

A vida dunha batería de condensadores é un parámetro que debe estimarse por medio de probas e ensaios indirectos, pero xeralmente estímase que a vida media dunha batería de condensadores é de 10 a 12 anos sempre e cando se realice un mantemento mínimo que garanta o bo funcionamento da batería acorde á norma CEI 60931 onde se establecen todos os requirimentos funcionais da batería.

Feníe Energía estuda cada caso de maneira personalizada. A través da nosa rede de Axentes Enerxéticos e, só se é rendible para ti, aconsellámoste instalar unha batería de condensadores para eliminar a penalización da túa factura ou que polo menos se vexa reducida de forma considerable.

Para que poidas aforrar diñeiro dende o primeiro día sen necesidade de realizar inversión algunha ofrecémosche a opción de pagar a batería en 24 cotas dentro da mesma factura eléctrica (substituirase o concepto de exceso de reactiva que actualmente pagas por cotas de menor importe). Unha vez pasados 24 meses non pagarás nin excesos nin cotas.

Por outro lado e para a túa tranquilidade, se tes o contrato eléctrico e instalas unha batería con Feníe Enerxía, realizaremos un seguimento mensual da túa factura para comprobar que non volva aparecer a penalización por enerxía reactiva. En caso de que volva aparecer, avisaremos inmediatamente ao teu Axente Enerxético para que pase pola instalación e comprobe que puido ocorrer (disparo de proteccións, novos equipos instalados, algunha avaría, etc.) Sen este control, hai clientes que tardan meses en darse conta de que se desconectou a súa batería de condensadores.

Sempre que esteas satisfeito coa calidade e intensidade da túa iluminación actual, o consello de Feníe Energía é que a intentes substituír por produtos de similares características luminosas. A continuación explícanse as características técnicas a ter en conta.

  1. Lumens: é a cantidade de luz que emite unha fonte de luz. Hai que ter en conta que en moitas ocasións os lumens necesarios nun equipo led son inferiores aos das lámpadas convencionais. Estas emiten a luz en todas as direccións co que unha parte se desaproveita, mentres que os equipos led emiten a súa luz directamente cara o plano de traballo (un exemplo claro son os tubos fluorescentes).
  2. Índice de Reprodución Cromática (CRI): este parámetro indica como de ben se distinguirán as cores. Cun CRI de 100 veranse todas as cores e cun de 0 só escala de grises.
  3. Temperatura: é o color ou a calidez da luz. Como exemplo, as bombillas incandescentes adoitan ter 2.700K dando unha cor amarela/alaranxada e os fluorescentes dunha oficina 4.000K dando unha luz branca.
  4. Ángulo: é o ángulo co que sae a luz da luminaria. Nun corredor con alóxenos adoita ser de 35-60º para que se reflicta a luz no chan e nunha oficina con fluorescencia adoita ser de 120º para obter unha iluminación uniforme sen zonas sobreiluminadas.

O mercado led madurou e superou con éxito os inconvenientes asociados a aqueles primeiros equipos de fai uns anos como pestanexos ou vida útil baixa. Actualmente todos os fabricantes de iluminación de prestixio internacional dispoñen xa dunha ampla oferta de produtos LED a prezos moi competitivos. 

Levando un control da xeración da túa instalación, actualmente pódense monitorizar as plantas de réxime especial por medio de telemedida ou se se desexa ver en tempo real por medio da instalación de analizadores de redes.

Unha vez monitorizado, o software permíteche a creación de alarmas ou alertas onde te avisará se non se chega á produción desexada.

Si, os informes ademais de chegar aos correos electrónico-programados no software, quedaranse almacenados nun formato árbore no software de monitorización Sigue+e, co cal o cliente sempre poderá ter acceso aos mesmos.

Si, tanto se dispós dun contador de telexestión onde a información viaxa por medio de “power line” (para potencias menores de 15 kW), como se dispoñes dun contador con telemedida (potencias superiores a 15 kW)  onde a información se extrae do contador cunha chamada ao router do mesmo, pódense monitorizar ditos contadores.

Ademais, se se queren ver estes consumos en tempo real minuto a minuto pódense instalar diferentes equipos de medida no contador, xa sexan lectores ópticos monitores de consumo ou analizadores de redes).

Monitorizando tan só a acometida, o aforro medio é dun 10% do consumo total.

Realizando  “submeetering” (monitorizando acometida e circuítos independentes augas abaixo), o aforro medio está entre un 12% -15%.

É importante mencionar que a medición por si soa non xera aforros, pero outorga a capacidade de visualizar o que está sucedendo e permítenos acometer medidas de aforro de forma segura que procuren un aforro económico directo.

 

Tamén che pode gustar