Servizo de representación ante entidades
Ofrecemos o servizo de representación de mercado fronte aos distintos organismos reguladores (REE, OMIE, CNMC), para instalacións produtoras de electricidade mediante enerxías renovables como fotovoltaica, mini hidráulica e tamén coxeración, biomasa, biogás, entre outros.
Con esta solución, poderás obter:
- Informes de produción mensual da planta.
- Acceso á área privada para ver todas as túas facturas, contratos e informes de produción.
- Asumimos o 100% dos desvíos en plantas fotovoltáicas.
- Xestión das lecturas, liquidacións e información relativa á instalación por parte dos organismos implicados: REE, CNMC, OMIE.
Por estas xestións, Feníe Energía cobra unha pequena cota por cada MWh que a instalación xere.
Sen permanencia. Serás libre para dar de baixa este servizo cando queiras.
Participarás de forma activa no mercado enerxético y coñecerás dende o centro de control ou a telemedida, toda a información sobre a instalación.
Poderás obter o servizo Sigue+e para desfrutar dun maior control sobrea túa instalación dende calquera dispositivo.
Contarás coa axuda incondicional dun Axente. En Feníe Energía contamos coa maior rede de Axentes Enerxéticos dispostos a simplificar e atender calquera necesidade que teñas.
Quero información personalizada
Rechea este formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes:
Queres saber máis sobre Feníe Energía?
Cando cobra un produtor?
Na modalidade de Representación Indirecta:
O importe da factura aboarase no prazo máximo de 7 días hábiles a contar dende a data na que a CNMC liquida a retribución específica a Feníe Energía. Aproximadamente isto ocorre nos últimos días do segundo mes a partir do mes de produción (M+2). Por exemplo, se o mes de produción é xaneiro, o pago realizaríase aproximadamente a finais de marzo.
Na modalidade de Representación Directa:
O importe correspondente á Retribución Específica será aboado directamente pola CNMC nas mesmas datas que o apartado anterior. O importe correspondente á Retribución de Mercado será aboada aos 3 días hábiles dende a data de emisión da factura, no mes M+1.
Ao realizar o cambio de representante, podo quedarme algún mes sen cobrar?
Non. O inicio da representación de mercado dunha instalación sempre se realiza o día 1 do mes no que a solicitude de cambio de representación sexa aprobada por REE, OMIE e a CNMC. Os períodos sempre os facturará o representante anterior, polo que non quedará sen cobrar en ningún mes.
Que conceptos cobra un produtor?
O Real Decreto 413/2014 establece no seu Título IV un réxime retributivo específico para instalacións de produción de enerxía eléctrica mediante enerxías renovables, coxeración e residuos. Este réxime retributivo está composto por:
Un termo retributivo por potencia nominal da instalación chamado “retribución á inversión” Rinv (€/MW).
Un termo retributivo por enerxía vendida chamado “retribución á operación” Ro (€/MWh)
Ademais do réxime retributivo específico, as instalacións cobrarían unha “retribución do mercado”, que se compón da venta hora a hora da produción no mercado (pool).