Unha ferramenta de eficiencia enerxética
Extráñate consumir tanto? Non sabes por que varía tanto a túa factura duns meses a outros? Coñecer como consumes é o primeiro paso para saber como aforrar.
Feníe Energía pon á túa disposición un servizo de asesoramento sobre os consumos da túa instalación a través da plataforma web Sigue+e.
Queres saber máis sobre o servizo de Monitorización e a plataforma Sigue+e?
1. Como saberei se a miña instalación non está producindo toda a enerxía que debe?
Levando un control da xeración da túa instalación, actualmente pódense monitorizar as plantas de réxime especial por medio de telemedida ou se se desexa ver en tempo real por medio da instalación de analizadores de redes.
Unha vez monitorizado, o software permíteche a creación de alarmas ou alertas onde te avisará se non se chega á produción desexada.
2. Saberei interpretar os datos obtidos co analizador?
Os datos volcados na plataforma son sinxelos de interpretar; se existen algunhas dúbidas, os nosos expertos en sistemas de monitorización aclararanchas rapidamente.
3. Podo acceder para ver os meus informes dende calquera dispositivo (ordenador, móbil, tablet)?
Si, os informes ademais de chegar aos correos electrónicos programados no software, quedaranse almacenados nun formato árbore no software de monitorización Sigue+e, co cal o cliente sempre poderá ter acceso aos mesmos.
4. Teño que ser cliente de electricidade Feníe Energía para contratar este servizo?
Actualmente o contrato de monitorización está desvinculado do contrato eléctrico. Calquera persoa, sexa ou non sexa cliente eléctrico de Feníe Energía pode solicitar un contrato de monitorización con nós.
5. Podo integrar o meu contador na plataforma Sigue+e?
Si, tanto se dispós dun contador de telexestión onde a información viaxa por medio de “power line” (para potencias menores de 15 kW), como se dispoñes dun contador con telemedida (potencias superiores a 15 kW) onde a información se extrae do contador cunha chamada ao router do mesmo, pódense monitorizar ditos contadores.
Ademais, se se queren ver estes consumos en tempo real minuto a minuto pódense instalar diferentes equipos de medida no contador, xa sexan lectores ópticos monitores de consumo ou analizadores de redes).
6. Preciso instalar algún equipo de medida adicional?
Depende da información que se queira obter, por medio da telemedida ou a telexestión non temos datos en tempo real, (hoxe veriamos a información de onte e mañá a de hoxe) e non precisariamos instalar ningún equipo adicional.
Se se quere obter información minuto a minuto en tempo real, precisamos instalar equipos adicionais (monitores de consumo ou analizadores de redes).
Outra opción é se se fai “submeetering”, onde sempre se precisa instalar equipos adicionais.
7. Como se factura?
Se es cliente eléctrico incluirase na factura de electricidade.
Se só se ten un contrato de monitorización emítese unha factura exclusiva mes a mes polo servizo.
8. Canto aforrarei monitorizando consumos?
Monitorizando tan só a acometida, o aforro medio é dun 10% do consumo total.
Realizando “submeetering” (monitorizando acometida e circuítos independentes augas abaixo), o aforro medio está entre un 12% -15%.
É importante mencionar que a medición por si soa non xera aforros, pero outorga a capacidade de visualizar o que está sucedendo e permítenos acometer medidas de aforro de forma segura que procuren un aforro económico directo.
9. Se tes máis de 15kW contratados, como saber se consumes moito pola noite?
O primeiro e monitorizar a instalación. Unha vez feito isto o software deixarache programar as horas de inactividade e, mediante distintas gráficas de consumo residual, dirache o que gastas en enerxía e en euros durante esas horas.
Ademais disporás de outras gráficas onde poderás ver o consumo, tanto en tempo real como hora a hora dos días que se desexe.
10. Que é a ISO-50001?
A ISO-50001 é unha norma que nos guía para unha xestión da eficiencia enerxética (norma creada por AENOR).
Esta norma indícache por medio duns procedementos de actuación como ser eficiente enerxeticamente nunha empresa sen variar a produción e como ir mellorando continuamente xerando máis aforros.
Coñece os teus consumos
Saberás como consume a túa instalación en cada instante, podendo marcarte obxectivos e prever cal será a túa facturación aproximada.
Comproba se o teu principal consumo se debe á iluminación, climatización, equipos informáticos, etc. e céntrate en aforrar enerxía nos equipos que máis afectan ao teu peto.
Poderás recibir por email un informe semanal e mensual para evitar que as túas facturas se volvan descontrolar.
Optimiza o teu contrato de electricidade
Permíteche decidir a tarifa máis adecuada para o teu consumo en base a franxas horarias.
Reduce os teus consumos e mellora o uso da túa instalación
Detectamos consumos imprevistos por avarías eléctricas ou usos fóra de horario. Poderás controlar o teu consumo residual e comprobar día a día o que deixaches prendido pola noite ou en horarios de inactividade.
Establecer obxectivos de uso
Poderás programar alarmas de sobreconsumo, de exceso de potencia ou de penalización por reactiva, para que che avisen dun consumo non habitual nas túas instalacións.
Asesoramento personalizado do teu Axente enerxético
O teu Axente axudarache en todo momento a analizar e interpretar os datos obtidos do Sigue+e.